bioelectricidade
bioelectricidade
(
s
f
[BIOL]
Electricidade xerada nos seres vivos por causa da desigual distribución dos ións no seu corpo. En particular establécense as diferencias de potencial máis importantes, entre o interior e o exterior das súas membranas celulares, nos tecidos nervioso e muscular. Nos fenómenos de relación que se dan, por exemplo, nalgúns peixes, a produción de descargas eléctricas emprégase amodo de mecanismo de orientación, de defensa ou mesmo de ataque.