biolóxico -ca
(< bioloxía)
-
adx
[BIOL]
Relativo ou pertencente á Bioloxía.
-
ciclo biolóxico
Nome dado á sucesión de fases de distinto número de cromosomas que se alternan na vida dun ser vivo. Segundo o ciclo biolóxico ou reprodutor, os organismos clasifícanse en haploides, diploides e diplohaploides. Nos organismos haploides, a meiose ou redución cromosómica prodúcese inmediatamente despois da formación do cigoto, único estadio diploide. Nos diploides, os individuos adultos son diploides e a redución cromosómica ten lugar durante a gametoxénese, polo que só son haploides os gametos. O ciclo dos diplohaploides comeza cun organismo diploide, o esporófito, que produce esporas diploides, que orixinan por vía asexual unha planta diploide, na que se produce a gametoxénese con meiose para formar gametos haploides que, ao ser fecundados, forman un cigoto diploide que orixina novamente un esporófito.