bioluminiscencia

bioluminiscencia

(

s f [BIOL]

Emisión de luz por parte dos seres vivos. Dáse esta particularidade en representantes de grupos taxonómicos diversos, pero xeralmente se   trata de organismos mariños, sobre todo bentónicos. Nalgúns casos, a luminosidade non é propia, senón debida a bacterias luminosas simbióticas. A luz emitida é predominantemente azulada, verdosa ou amarela. A bioluminiscencia é un proceso bioquímico de oxidación da luciferina que demanda a presenza de osíxeno e a disposición de enerxía en forma de ATP. A bioluminiscencia ten un papel importante na atracción de posibles presas, na localización entre individuos da mesma especie ou para asustar os depredadores.

Sinónimos

Palabras veciñas

biolóxico -ca | bioloxismo | bioloxista | bioluminiscencia | bioluminiscente | bioma | biomagnetismo