bioma
bioma
s
m
[ECOL]
Conxunto de comunidades que constitúen unha biocenose de tipo zonal, dunha grande amplitude, e que inclúen etapas na evolución cara a unha biocenose terminal ou clímax, que comparten, e que está directamente relacionada co clima. O conxunto de biomas constitúeno a tundra, a taiga, o bosque caducifolio temperado, a estepa, o deserto, a sabana, o bosque chuvioso, o manglar, as áreas cacuminais e os océanos e mares.