Biosatellite
Biosatellite
[ASTRON]
Dentro do programa espacial da NASA (EE UU), nome dado a unha serie de satélites artificiais recuperables, destinados á experimentación biolóxica. Tiñan por misión o estudo dos efectos das radiacións, da ausencia prolongada de gravidade e da ausencia do efecto de rotación da Terra (efecto Coriolis). Foron colocados en órbita durante os anos 1966, 1967 e 1969.