biosbardos

biosbardos
  1. s m pl

    Seres imaxinarios, non ben precisados.

  2. s m pl

    Seres de gran fermosura que poden ser paxaros ou mozos. Para cazalos hai que empregar un saco e buscar unha noite escura e un camiño estreito e afastado, con moito silencio. Ábrese o saco e invócanse os biosbardos deste xeito: “Biosbardo, / vén ao fardo, / que alpabarda / por ti agarda”. A persoa que consiga cazalos ten despois moita sorte e vida, pero non debe ensinalos a ninguén. Hai quen pensa que os biosbardos non existen e que son bromas para mofarse dos inocentes.

Frases feitas

  • Andar/ir aos biosbardos. Andar vagando sen rumbo definido ou perdendo o tempo.

  • Andar/estar nos/estar a mirar os biosbardos. Estar distraído.

  • Falar dos biosbardos. Falar de cousas secundarias obviando o miolo da cuestión ou cambiar de tema.

Palabras veciñas

bios | BIOS | Biosatellite | biosbardos | Biosbardos, Os | bioscopia | bioscopio