biotipoloxía

biotipoloxía

(

  1. s f [ANTROP/PSIC]

    Estudio das correlacións existentes entre a estrutura corporal dos individuos e as súas características psicolóxicas e patolóxicas, co fin de agrupalos segundo uns patróns básicos ou biotipos. Elaboráronse moitas biotipoloxías desde as tentativas iniciais de Hipócrates, pero a máis coñecida é a do alemán Ernst Kretschmer, que describiu os tipos leptosomático (ou asténico), pícnico e atlético e que engloba os que non se inclúen nesta clasificación baixo o nome de displásicos. Os tipos leptosomático e pícnico corresponderíanse cos psicotipos esquizotímico e ciclotímico, respectivamente. Os demais non presentan unha correspondencia tan clara. Outra biotipoloxía, utilizada nos países anglosaxóns, é a de William H. Sheldon, que distribúe os suxeitos nos grupos endomorfo, mesomorfo e ectomorfo, segundo a folla blastodérmica que predomine.

  2. s f [ANTROP/PSIC]

    Sistema de clasificación biotipolóxica.

    Ex: Biotipoloxía de Hipócrates, biotipoloxía de Kretschmer.

Palabras veciñas

biótico -ca | biotina | biotipo | biotipoloxía | biotipolóxico -ca | biotita | biótopo