biótico -ca

biótico -ca

(< grβιωτικός ‘vital’)

  1. adx [BIOL]

    Relativo ou pertencente á vida.

    Sinónimos: vital.
  2. adx [ECOL]

    Relativo ou pertencente á biota.

  3. comunidade biótica [ECOL]

    Conxunto de individuos de distintas especies que conviven nun determinado medio natural.

    Confrontacións: ecosistema.
  4. factor biótico [ECOL]

    Elemento ou circunstancia que condiciona o desenvolvemento dunha especie natural.

  5. formación biótica [ECOL]

    bioma.

  6. potencial biótico [ECOL]

    Índice do incremento máis alto posible dunha poboación, resultado dunha natalidade máxima xunto a unha mortalidade mínima.

Palabras veciñas

biotelemetría | biotemperatura | bioterapia | biótico -ca | biotina | biotipo | biotipoloxía