biótico -ca
biótico -ca
(< grβιωτικός ‘vital’)
-
adx
[BIOL]
Relativo ou pertencente á vida.
Sinónimos: vital. -
adx
[ECOL]
Relativo ou pertencente á biota.
-
comunidade biótica
[ECOL]
Conxunto de individuos de distintas especies que conviven nun determinado medio natural.
Confrontacións: ecosistema. -
factor biótico
[ECOL]
Elemento ou circunstancia que condiciona o desenvolvemento dunha especie natural.
-
formación biótica
[ECOL]
bioma.
-
potencial biótico
[ECOL]
Índice do incremento máis alto posible dunha poboación, resultado dunha natalidade máxima xunto a unha mortalidade mínima.