Birobidžan
Birobidžan
Capital da oblast’ autónoma dos Hebreos, en Siberia, Rusia (83.667 [1995]). Situada na chaira de inundación do río Amur, nunha encrucillada do ferrocarril transiberiano, conta cun centro manufactureiro relacionado con Khabarovsk. O nome designa tamén o territorio da oblast’ autónoma dos Hebreos.