Birot, Pierre
Birot, Pierre
Xeógrafo e xeomorfólogo. Realizou estudios sobre xeomorfoloxía e xeografía dos Pireneos e da Península Ibérica, entre eles a súa tese de doutoramento, Recherches sur la morphologie des Pyrénées orientales franco-espagnoles (Investigacións sobre a morfoloxía dos Pireneos orientais franco-españois, 1937). Tamén fixo experimentos sobre a descomposición das rochas cristalinas. Foi profesor nas universidades de Dijon, Estrasburgo, Lille e na Sorbonne de París. Publicou, entre outras obras, Regions naturelles du globe (Rexións naturais do globo, 1970) e Processus d’érosion à la surface des continents (Procesos de erosión na superficie dos continentes, 1981).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Meudon, París -
Deceso
Lugar : París