Bischof, Werner
Bischof, Werner
Fotógrafo e reporteiro de guerra. Estudiou na Escola de Artes Decorativas da súa cidade natal. Dende 1942 colaborou coa revista Du. En 1945 realizou numerosas reportaxes da Segunda Guerra Mundial en Francia, Alemaña e Holanda, así como outros traballos en Italia e Grecia. En 1948 preparou unha reportaxe para os Xogos Olímpicos de Saint Moritz, traballando para Life, para a que tamén realizou reportaxes dende Xapón, Corea, Hong Kong e Indochina a principios da década dos 50. Foi membro do grupo Magnum a partir do ano 1949.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Zúric -
Deceso
Lugar : Os Andes