Bishop, Michael John

Bishop, Michael John

Médico. Especialista en Inmunoloxía e Microbioloxía. En 1976 deu a coñecer as súas investigacións no campo da Oncoloxía, realizadas xunto con H. E. Varmus, D. Sthelin e P. Vogt. Nelas demostrou a existencia dos oncoxenes, unha gran familia de xenes que controlan o crecemento e a multiplicación normal das células, e que as súas perturbacións poden provocar que unha célula normal orixine o desenvolvemento dun cancro. Tamén descubriu que estes oncoxenes non foron introducidos no xenoma celular por retrovirus, senón que pertencen á dotación xenética das células normales. Dende 1981 é director da G. W. Hooper Research Foundation. Recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1989, compartido con H. E. Varmus, polo seu descubrimento da orixe celular dos oncoxenes.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : York, Pennsylvania