Biškek
Biškek
Capital do Kirguizistán, que constitúe un municipio autónomo (589.400 h [1997]). Situada no centro do val do río Cu, na rexión economicamente máis desenvolvida do país, acolle a case un terzo da poboación urbana do mesmo. É o núcleo industrial do val do Cu, destacando os sectores alimentario e de maquinaria. Tamén é un importante nó de comunicacións e posúe aeroporto internacional. Dende 1926 ata a disolución da Unión Soviética, coa conseguinte independencia kirguiza, ostentou o nome oficial de Frunze.