Biskra

Biskra

Capital da wilāya de Biskra, en Alxeria, nas proximidades do Atlas sahariano, xunto ao wadi Biskra (129.611 h [1987]). Situada á beira dun grande oasis, o clima é seco. É un centro agrícola e turístico. Fundada polos romanos (s II a C), que a chamaron Vescera, foi conquistada polos árabes no s VII. En 1641 pasou a mans dos turcos ata 1844, ano no que foi ocupada polos franceses.