Bissau

Bissau

Capital de Guiné-Bissau, situada no litoral meridional da illa de Bissau, na beira setentrional do esteiro do río Geba (233.000 h [1995]). Porto fluvial e marítimo, posúe tamén aeroporto internacional. A economía depende das exportacións de madeiras duras, cacahuetes, arroz e cocos. Colonia fundada polos portugueses no s XVI, a partir do ano 1600 converteuse nun importante centro de tráfico de escravos. Desde 1941 a 1973 foi a capital da Guinea Portuguesa e a partir dese ano, logo da independencia, foi capital de Guiné-Bissau.