Bissière, Roger
Bissière, Roger
Pintor gascón. En 1920 participou nun grupo que pretendía resucitar unha versión decorativa do Cubismo. Colaborou con Le Corbusier na revista Esprit Nouveau e foi profesor na Académie Ranson (1925-1938). Durante a Segunda Guerra Mundial contraeu unha enfermidade ocular que lle impediu pintar ata que foi operado en 1950. En 1952 foille concedido o Grand Prix National des Arts por unha serie de murais feitos con anacos de tea.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Villeréal -
Deceso
Lugar : Marminiac