bit

bit

(

  1. s m [INFORM]

    Unidade básica de información equivalente ao dato contido na máis elemental das mensaxes posibles. Toma os valores un ou cero, que son os que constitúen a base do sistema binario. Os bits represéntanse nos ordenadores mediante dispositivos de dous estados. A memoria dun ordenador é unha colección de dispositivos que poden almacenar bits (xeralmente, emprégase un múltiplo, o quilobit (Kbit), que equivale 2 10 = 1.024 bits), aínda que a súa capacidade se mide usualmente en unidades de quilobytes (Kb) ou megabytes (Mb). Unha medida importante da capacidade dun microprocesador é o número de bits que pode conter cada rexistro interno, existen microprocesadores con capacidade para 8,16 ou 32 bits; os procesadores máis recentes teñen 32 ou 64 bits por rexistro.

  2. s m [INFORM]

    Cada unha das dúas cifras utilizadas nun sistema de numeración binaria ou de base dous; xeralmente se empregan o 0 e o 1.

  3. s m [INFORM]

    Cada unha das cifras que constitúen un termo expresado no sistema de numeración binaria.

    Ex: 110101 é un termo de seis bits.

  4. bit de arranque [INFORM]

    Bit que indica o comezo dalgún dos caracteres asíncronos RS-232.

  5. bit de datos [INFORM]

    Parámetro da comunicación serie RS-232. Poden ser sete ou oito bits os utilizados para cada un dos caracteres, precedidos por un bit de arranque e seguidos por un bit de paridade (opcional) e un bit de parada.

  6. bit de parada [INFORM]

    Aquel que indica o final dun bit asíncrono RS-232. A práctica normal é usar dous bits de parada a 110 baudios e un bit de parada a velocidades maiores.

  7. bit de paridade
    1. [INFORM]

      Bit que lle segue a un bit de arranque.

    2. [INFORM]

      Bit de control que serve para detectar o erro dalgún dos bits que constitúen algún termo ou byte.

  8. bit de signo [INFORM]

    Bit que define o signo matemático dun número expresado no sistema binario.

  9. bit groso [INFORM]

    Modo de MacPaint no que se poden editar píxeles individuais (os pequenos cadradiños que constitúen a imaxe). Para iso os píxeles se mostran moi ampliados (aproximadamente un 1600%) na pantalla.

  10. bits por segundo [INFORM]

    Unidade de medida do fluxo de información que circula a través da canle dun sistema de comunicación. Coincide coa velocidade de modulación da información en Bd (baudios), cando con cada impulso de modulación se proporciona un bit de información.

Palabras veciñas

bisulfuro | BISYNC | biszado -da | bit | BIT | Bit Error Rate | bît-hilâni