bît-hilâni
bît-hilâni
s
m
[ARQUIT]
Palacio da época sirohitita, con engadidos posteriores. Presenta un pórtico aberto, cun número impar de columnas que soportan o teito da sala do trono de planta rectangular coa fronte máis longa paralela á fachada. Estaba construído sobre unha terraza á que se accedía por medio dunha escalinata.