Bitinia
Bitinia
Rexión do NO de Asia Menor, na costa meridional do Mar Negro, limitada pola Pafaglonia, Frixia e Misia. Nela establecéronse colonias gregas fundadas por colonos de Megara no s VI a C. Durante a época helenística constituíuse en reino independente (279 a C), con capital en Nicomedia. Nicomedes III, legou no seu testamento o país a Roma (74 a C).