Bitnet

Bitnet
[INFORM]

Abreviatura de Because It’s Time Network. Rede pública de datos, xurdida nos EE UU a principios da década dos oitenta e sen fins comerciais, que conectaba inicialmente ordenadores compatibles IBM entre si. Hoxe en día é unha rede de área ampla que enlaza ordenadores de universidades de todo o mundo e que xa se emprega en combinación con Internet.

Palabras veciñas

bitinio -nia | Bitlis | Bitmap | Bitnet | bitola | Bitola | bitón