bituminoso -sa
bituminoso -sa
(< lat bituminōsu)
-
[QUÍM]
-
adx
Aplícase á substancia que contén betume ou que deriva del.
-
adx
Aplícase ás pastas pitóricas que conteñen betume de Xudea.
-
producto bituminoso
Nome xenérico dunha gran variedade de sistemas coloidais de hidrocarburos moi complexos, caracterizado polo feito de conter betume nunha proporción moi considerable (do 70 ao 90%) que se utilizan na construción e na conservación de pavimentos. Tamén se chama betume, e pode clasificarse en asfalto e alcatrán, segundo proveña, respectivamente, do petróleo ou de carbóns naturais, madeira, ósos, etc, por destilación seca.
-
adx
-
adx
[QUÍM]
Aplícase ás substancias que teñen as calidades do betume.
-
adx
[PINT]
Relativo ao cadro pintado con tons que teñen a aparencia do betume.