bituminoso -sa

bituminoso -sa

(< lat bituminōsu)

  1. [QUÍM]
    1. adx

      Aplícase á substancia que contén betume ou que deriva del.

    2. adx

      Aplícase ás pastas pitóricas que conteñen betume de Xudea.

    3. producto bituminoso

      Nome xenérico dunha gran variedade de sistemas coloidais de hidrocarburos moi complexos, caracterizado polo feito de conter betume nunha proporción moi considerable (do 70 ao 90%) que se utilizan na construción e na conservación de pavimentos. Tamén se chama betume, e pode clasificarse en asfalto e alcatrán, segundo proveña, respectivamente, do petróleo ou de carbóns naturais, madeira, ósos, etc,  por destilación seca.

  2. adx [QUÍM]

    Aplícase ás substancias que teñen as calidades do betume.

  3. adx [PINT]

    Relativo ao cadro pintado con tons que teñen a aparencia do betume.

Palabras veciñas

bitter* | Bitter, Francis | Bittium | bituminoso -sa | bitunicado -da | bitúrigo | Bitzius, Albert