bivalente

bivalente

(< bivalencia)

  1. adx [QUÍM]

    Aplícase ao elemento químico e ao radical que ten unha valencia ou estado de oxidación igual a dous.

  2. adx [FILOS]

    Que considera, en cada proposición, a posibilidade dun dos dous valores: verdadeiro ou falso.

  3. [XEN]
    1. s m

      Configuración do emparellamento cromosómico no decurso da primeira división meiótica de dous cromosomas, total ou parcialmente homólogos. A formación de bivalente é un requisito previo para a redución do número cromosómico somático e para a distribución ao azar dos pares de cromosomas homólogos que están emparellados.

    2. bivalente en anel

      Bivalente constituído por dous cromosomas emparellados, con quiasmas terminais en ambos os dous brazos.

Palabras veciñas

biuret | bivacar | bivalencia | bivalente | bivalvo -va | bivaque | Biville