bivalvo -va

bivalvo -va

(< bi- + valva)

  1. adx [BIOL]

    Que ten dúas valvas ou que se abre en dúas valvas, como as noces ou os mexillóns.

  2. s m [ANIMAL]

    Molusco da clase dos bivalvos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Clase de moluscos que teñen a cuncha constituída por dúas valvas, coa cabeza rudimentaria e o pé en forma de machada. O corpo, de simetría bilateral e comprimido lateralmente, está recuberto polo manto; este presenta dous lóbulos laterais, que delimitan unha cavidade paleal grande. Os extremos posteriores do manto adoitan formar sifóns inhalantes e exhalantes. As dúas valvas que forman a cuncha articúlanse dorsalmente por un ligamento elástico e unha bisagra. O pechamento das valvas prodúcese pola acción dun ou dous músculos adutores, pero a apertura ten lugar de maneira pasiva. Os bivalvos constitúen un grupo amplo, con máis de 8.000 especies de auga doce ou salgada en todo o mundo. Comprende as subclases dos protobranquios, lamelibranquios e anomalodésmatos.

Palabras veciñas

bivacar | bivalencia | bivalente | bivalvo -va | bivaque | Biville | bivitelino -na