Biya, Paul

Biya, Paul

Político camerunés. Estudiou Política e Dereito en París. Regresou a Camerún en 1962. En 1968 foi nomeado ministro de Estado e secretario xeral da Presidencia, en 1975 primeiro ministro e, en 1982, Presidente da República. En 1983 foi proclamado presidente da Unión Nacional Camerunesa, que en 1989 se refundou como Reagrupamento Democrático do Pobo Camerunés. En 1990, presionado pola oposición, convocou eleccións presidenciais e lexislativas que gañou de novo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Mvomeka’a