Bizet, Georges
Compositor. Estudiou no Conservatorio de París onde foi alumno de Halévy e Gounod. Coa cantata Clovis et Clotilde gañou o Premio de Roma (1857), onde compuxo a ópera bufa Don Procopio e a suite sinfónica Roma. Dedicouse fundamentalmente á música escénica. Posto de moda o exotismo musical por Félicien David, moitos dos libretos que lle ofreceron reflectían ambientes orientais ou de países afastados. Dentro deste estilo compuxo as óperas Les pêcheurs de perles (Os pescadores de perlas, 1863), con libreto de Michel Carré e Cormon; La jolie fille de Perth (A guapa moza de Perth,1867) e Djamileh (1872). Tamén compuxo música de escena de ambiente provenzal para L’Arlésienne (A Arlesiana), de Alphonse Daudet (1872) e Carmen (1875), ópera con libreto extraído da novela de Prosper Mérimée, que renovou a ópera francesa coa súa espontaneidade, forza de sentimentos nos personaxes e variedade de melodías. Foi a súa obra máis importante e trala súa morte converteuse nunha das óperas máis populares. Entre as composicións sinfónicas e de cámara salientan: Jeux d’enfants (Xogos de nenos 1871) ou Patrie (Patria, 1873).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso
Lugar : Bougival, Île de France