Blackett, Patrick Maynard Stuart
Blackett, Patrick Maynard Stuart
Físico. Estudiou na Academia Naval e tomou parte na Primeira Guerra Mundial. Traballando no Cavendish Laboratory conseguiu (1925) fotografar transmutacións nucleares producidas por bombardeo de núcleos con partículas α. En 1932, de forma paralela a C. D. Anderson, detectou o positrón, anunciado teoricamente por Dirac. Estudiou a radiación cósmica e as consecuencias do uso da enerxía atómica. Recibiu o Premio Nobel de Física en 1948 polo perfeccionamento da cámara de Wilson e polos descubrimentos relacionados coa Física nuclear e as radiacións cósmicas. Foi presidente da Royal Society (1965-1970).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Londres -
Deceso