blackfoot*
blackfoot*
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo indio dos blackfeet (pés negros) ou á súa lingua.
-
s
Individuo do pobo indio dos blackfeet.
-
s
[ETN/LING]
Pobo algónquico composto de tres tribos que falan unha mesma lingua: os blackfeet propiamente ditos ou siksika, os piegans e os bloods. Na actualidade, teñen reducidos os seus movementos á reserva de Montana (EE UU) e ás reservas de blackfeet, bloods e piegans en Alberta (Canadá), onde manteñen a súa práctica económica tradicional: a cría de gando.