Blake y Joyes, José
Militar. Participou activamente na Guerra da Independencia contra os franceses ao mando do exército galego. Foi coronel dos voluntarios da Coruña e xefe supremo das forzas galegas (20.6.1808). Reorganizou as tropas galegas, eliminando a maior parte das unidades improvisadas e incorporando os voluntarios aos rexementos de liña ou ás milicias. Ao mando do exército galego enfrontouse cos franceses en Medina de Rioseco, onde foi derrotado e obrigado a retroceder ata Astorga; en Zornoza, batalla que libraron cos franceses trala toma de Bilbao foi obrigado á retirada cara a Galicia. Trala súa destitución á fronte do exército galego (15.11.1808), encargouse da defensa de València durante o asedio da cidade (1811-1812), actuación pola que recibiu duras críticas. Caída València, foi feito prisioneiro polos franceses ata 1814. Foi presidente do Consello de Estado e capitán xeneral de València durante o trienio constitucional (1821). Así mesmo, publicou diversos estudios de fortificación e táctica militar.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Málaga -
Deceso
Lugar : Valladolid