Blanc, Louis
Blanc, Louis
Historiador, xornalista e político. Foi un dos abandeirados do pensamento socialista en Francia desde as revistas Bon Sens e Revue du Progrès (1839). Membro do goberno provisional en 1848, levou a cabo o seu proxecto de Ateliers Nationaux. A causa dos sucesos de xuño de 1848 tivo que fuxir a Inglaterra. Coa fin do Segundo Imperio, en 1870, regresou a Francia e foi elixido membro da Asemblea Nacional, desde onde se opuxo ás medidas adoptadas pola Comuna de París. Como historiador, escribiu unha Histoire de la Révolution Française (Historia da Revolución Francesa, 1847-1862) e a Histoire de la Révolution de 1848 (Historia da Revolución de 1848, 1870).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Madrid -
Deceso
Lugar : Cannes