Blanco Blanco, Concha

Blanco Blanco, Concha

Escritora e mestra. Dende as súas primeiras obras (Contos para a escola, 1981 e Cousiñas para a escola, 1984), alterna o texto cunha función didáctica. Entre as súas obras destacan: Chuchamel (1988), Andrómenas? (1989), A misteriosa montaña de Pena Negra (1991), A vaca titiriteira (1991), A papoula era máxica (1994), Marcelo non me toma o pelo (1995), A disco ecoloxista (1995), As loucas vacacións dunha formiga (1996), Berta non soubo voar (1997), O aniversario de Ana (1997), A aventura das cores (1998) e A min que me importa! (1998). Publicou ademais numerosos libros en colaboración (O trasno rebuldeiro, 1997; Rumbo ás illas, 1997 e E o corvo falou así, 1998), e tamén é coautora de libros de texto e guías didácticas. Recibiu o III Premio O Facho (1982 e 1983) polos contos “O planeta ceboleiro” e “Os habitantes de Nepecifonilandia”.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lires, Cee