Blanco Gil, Xosé Manuel

Blanco Gil, Xosé Manuel

Actor e director de escena. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago, foi un dos animadores da vida teatral en Ourense durante os sesenta e setenta. Principiou a súa traxectoria teatral no teatro universitario de Santiago de Compostela e como actor do grupo de teatro Valle-Inclán, participando no espectáculo Don Hamlet, estreado en 1970, nese   mesmo ano creou o colectivo Histrión 70, un dos primeiros grupos independentes, canteira de futuros profesionais, con esta compañia dirixirá varios espectáculos entre os que cómpre salientar Antígona (1976), a partir da adaptación de Bertolt Brecht, e A pancarta (1978), a partir do texto homónimo de J. Díaz. Desde finais dos anos setenta reside en Portugal, primeiro traballou co Teatro Experimental do Porto e, finalmente, instalouse en Lisboa onde fundou o Teatro Ibérico, compañía coa que creou un repertorio baseado en textos de autores da dramaturxia castelá. En 1990 volveu a Galicia para asumir a dirección do Centro Dramático Galego, co que realizaría un único espectáculo, Yerma, a partir do texto de Federico García Lorca.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ourense