Blanco Iglesias, Uxía
Actriz e profesora. Licenciada en Xeografía e Historia, dá clases de Humanística no Instituto Politécnico de Pontevedra. Dende 1970 interveu en diversas montaxes de grupos de teatro afeccionado de Santiago de Compostela. En 1984 codirixiu con Daniel Domínguez a curtametraxe O segredo; tamén realizou varios traballos sobre plástica contemporánea en soporte vídeo. En 1989 debutou como actriz cinematográfica dando vida a Xonxa, a protagonista da primeira longametraxe do director Chano Piñeiro, Sempre Xonxa. Nos últimos anos compaxinou a súa faceta de actriz coa de presentadora de programas na TVG, como DeZine, espazo dedicado a analizar as últimas producións cinematográficas. Entre a súa filmografía destacan: Huídos (1992), Hermana pero qué has hecho? (1995), A lingua das bolboretas (1999) e Terra do Fogo (1999).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Touro