Blanco Vila, Carlos
Autor, actor e presentador de radio e televisión. Iniciou a súa traxectoria profesional co grupo Ítaca, participando en espectáculos como As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1980) ou Historia do zoo (1981). Posteriormente traballou con Producións do Noroeste nos espectáculos Os xustos (1991), A grande noite de Fiz (1992) ou Galileo (1993), con Teatro do Aquí, en Días sen gloria (1993) e co Teatro do Morcego, en Doberman (1994). Co Centro Dramático Galego participou en A fiestra valdeira (1994) e na montaxe musical de O arce no xardín (1989). En 1993 creou a compañía Arre Producións, coa que produciu os espectáculos Directamente Paco I (1991), Directamente Paco II (1993) e A histe(o)ria de Lili Brown (1995). En 1998 recibiu, xunto con Cándido Pazó e X. A. Porto Josito, o Premio María Casares á Mellor Adaptación pola dramaturxia textual do espectáculo Nano, creada a partir da novela Tic-Tac de Suso de Toro e producido por Teatro do Adro.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vilagarcía de Arousa