Blondel, Maurice
Filósofo. Licenciado en Letras e Dereito pola Universidade de Dijon. Ensinou Filosofía en Lille (1895) e dende 1896 en Aix-en-Provence. A noción de acción, tomada metafisicamente, impúxose como un principio suprafenomenal que reúne as características de eficacia e de finalidade, definida por iso como creación; engloba as dicotomías de pensamento e de realidade, todo constituído nun nexo de unión, sendo incluso a entrada e a afirmación da vida espiritual. A partir desta reflexión que fai comprensible a multiplicidade e a necesaria xerarquización, a filosofía convértese nunha filosofía da contemplación, na que Deus é a significación máis elevada. É autor de L’Action, essai d’une critique de la vie et d’une science de la pratique (A acción, ensaio dunha crítica da vida e dunha ciencia da práctica, 1893), La pensée (O pensamento, 1934), L’Être et les êtres (O Ser e os seres, 1935), L’action (A acción, 1936-1937) e La philosophie et l’esprit chrétien (A filosofía e o espírito cristián, 1944-1946).
Cronología
-
Deceso
Lugar : Aix -
Nacemento
Lugar : Dijon -
Deceso
Lugar : Provence