Blythe, John
Blythe, John
Actor, irmán de Ethel e de Lionel Blythe. Foi coñecido co pseudónimo de John Barrymore. Introduciuse no mundo do espectáculo en 1903. Foi o prototipo do star system. Dende o 1924 especializouse en papeis de “sedutor”. Traballou cos mellores directores da época dourada de Hollywood. No seu haber están as interpretacións en Dr Jekyll and Mr Hyde (1920), Don Juan (1926), Moby Dick (1930), Dinner at Eight (Cea ás oito, 1933), The invisible woman (A muller invisible, 1941) e World premiere (Estreo mundial, 1941).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Philadelphia, Pennsylvania -
Deceso
Lugar : Hollywood, California