bo -a
(
-
adx
Axeitado para un fin asignado ou proposto e que satisface o seu obxecto.
Ex: Ten un bo terreo para a cultivo de tomates. A última novela que lin era moi boa.
-
adx
Que é conveniente para o que se expresa.
Ex: Nesa praia hai moi bos sitios para aparcar o coche.
-
adx
Que non presenta problemas ou que resulta conveniente para o que se expresa. OBS: emprégase acompañado da preposición de.
Ex: Todas as probas foron boas de superar. É un rapaz bo de tratar.
-
adx
Que resulta agradable aos sentidos.
Ex: Probamos o viño novo e ten moi bo padal. O xersei que merquei tiña un tacto tan bo que acariñaba.
-
adx
Caracterizado pola bondade moral.
Ex: Israel é unha boa persoa.
-
adx
Que aínda serve ou que non está deteriorado.
Ex: Esta tarta aínda está boa.
-
adx
Que se comporta ben, xeralmente un rapaz.
Ex: Foron moi bos durante a vosa ausencia.
-
adx
Que posúe as calidades de cantidade, intensidade, importancia, grandeza ou integridade.
Ex: Fixo un bo repaso de todo o que lle quedaba pendente.
-
adx
Que non ten ningunha enfermidade ou doenza.
Ex: A meniña pode xogar coas súas curmás porque xa está boa.
-
bos días/boas noites/boas tardes
Fórmulas de saúdo empregadas segundo a parte do día correspondente. OBS: Este adxectivo presenta gradación sintética coas formas mellor (comparativo) e óptimo (superlativo).
Frases feitas
-
A bo seguro. Moi posiblemente.
-
2 Acoller ben a alguén ou algunha cousa.
-
2 Superficialmente ou nunha primeira ollada.
-
2 Ceder humillándose.
-
2 Expresa que hai moito tempo que ocorreu algunha cousa.
-
A bo sitio vas dar! Non foches parar no lugar máis axeitado.
-
A boa porta vas petar. Aplícase cando alguén busca axuda nun lugar inapropiado.
-
A boas horas! Aplícase cando xa é demasiado tarde para algunha cousa.
-
A vaiche boa. Sen meditar ou preparar algunha cousa nada máis.
-
Andar bo. Aplícase a unha persoa cando está ben de saúde, especialmente se xa non é moi nova.
-
Andar en boas danzas. Meterse en leas e enredos.
-
Andar en bos pasos. Comportarse ben.
-
Apañáchela boa. Aplícase a alguén que causou algún problema ou algún contratempo.
-
Bo de facer. Que non comporta dificultade.
-
Boa andanza. Boa sorte ou fortuna.
-
Boa burra mercamos! Aplícase cando se realizou un negocio desafortunado.
-
Boa semente! Díselle a alguén que é pai dun rapaz vizoso.
-
Coller unha boa. Emborracharse.
-
Cunhas boas nésporas. Con retranca ou falando mal de alguén.
-
Dar de bo a bo. Dar de xeito xeneroso.
-
Dar por bo. Crer cegamente en algo ou alguén.
-
Dar unha boa carda. Dar unha reprimenda.
-
Dar unha boa felta/somanta. Zouparlle ou baterlle a alguén.
-
De aí a un bo pouco. Despois dun pouco tempo.
-
De bo a bo. Poñerse de acordo de súpeto dúas persoas.
-
De bo acomodo. Aplícase ás persoas que se contentan facilmente con calquera cousa.
-
De bo aire. Animadamente.
-
De boas a primeiras. 1 De súpeto.
-
Deixar ás boas noites a alguén. Humillalo.
-
Deus é bo e o demo non é malo. Dise cando alguén quere estar a ben con todo o mundo.
-
Deus sexa bo, e o demo tamén. Tan boa é unha cousa como a outra.
-
E bo é! Aínda menos mal!
-
Era boa! Enfatiza ou pondera un desexo.
-
Erguerse/estar con bo pé. Ter boa sorte.
-
Estache bo o conto/boa a navalla. Expresión de contrariedade.
-
Estache bo o cotarro! Indica presenza de desorde física ou psíquica.
-
Estache boa de acabar. Que falta pouco tempo para rematar algo que se está a desenvolver.
-
Estámosche bos! Expresión de contrariedade.
-
Estar (feito) un bo garranfañas. Dise de alguén que vive como un miserable ou que anda moi mal de cartos.
-
Estar ben sentado como bo torrón. Aplícase a unha árbore que está ben plantada e en terra fértil.
-
Estar de bo ano. Ter un aspecto louzán.
-
Estar de boas. Ter bo humor.
-
Estar de moi bo ano. Ter sorte.
-
Estar en bo andar. Aplícase a unha obra que vai adiantada.
-
Facela boa. Provocar problemas ou desordes de gravidade.
-
Facer bo de alguén. Conseguir que alguén abandone hábitos considerados malos e que teña un bo comportamento. OBS: úsase principalmente en construcións negativas.
-
Facer bo xugo. Entenderse ben dúas persoas.
-
Facer boa feira. Facer negocio ou tirar proveito dunha situación.
-
Facer boa hora. Haber bo tempo meteorolóxico.
-
Facer boa masa. Dise cando dúas ou máis persoas teñen unha amizade estreita.
-
Facer un bo balance. Pescar moito.
-
Fixéchela boa! Provocación dalgún contratempo ou problema.
-
Haber unha boa triañada. Expresión que pondera tempo ou distancia.
-
Levar unha boa coza/ xibra/estira. Facer un grande esforzo.
-
Levar unha boa molladura. Investir grande esforzo na realización dun traballo.
-
Meter unha boa xarda. Enganar a alguén.
-
Nacer coa boa fada. Nacer con sorte.
-
Nin obra boa, nin palabra mala. Falar dalgunha cousa e non facela.
-
Non dicir nada malo nin bo. Non expresar ningunha opinión propia.
-
Non facer bo pecho. Molestar a alguén.
-
Parecer/ser de moi boa pasta. Ter boa calidade.
-
Perder con boas cartas. Non acadar algunha cousa, aínda que se dispoña dos medios necesarios.
-
Pola nosa cara boa. Pola nosa vontade, sen atender a razóns.
-
Polas boas. Por vontade propia. ANT: polas malas.
-
Poñer boa cara. 1 Facer un aceno de satisfacción.
-
Pór bo (a alguén). Reprender a unha persoa ou criticala duramente.
-
Por boas ou por malas. Por unha causa ou por outra.
-
Sacar bo pelo. Aplícase con ironía a quen obtén moito beneficio dunha situación.
-
Sementar en boa terra. Favorecer a unha persoa que sabe agradecelo.
-
Ser bo para mandar/ir pola morte. Aplícase a quen se demora facendo recados ou que é moi lento.
-
Ser bo polo. Aplícase a quen causa problemas ou carece de vergoña.
-
Ser boa peza. Ser moi traste ou rebelde.
-
Ser como o boíño de Outes, que folgando escornouse. Non servir para nada.
-
Ser de bo comer/de bo dente. Ser bo comedor.
-
Ser de bo ter/boa paz. Ser unha persoa tranquila.
-
Ser de bo xacer. Dise da persoa que se conforma con calquera cousa.
-
Ser de boa casa/liñaxe. Ser de familia ilustre.
-
Ser de moi bo alamio. Ter bo sabor ou aroma.
-
Ser un bo lagarteiro/melro/ peixe. Ser un desvergoñado.
-
Ser un bo peitudo. Ser moi pillo.
-
Ser un bo puntal. Ser importante.
-
Ser unha boa pega. Ser de pouco fiar ou pouco serio.
-
Ser/parecer de moi boa pasta. Ser de boa calidade.
-
Ser/ter bo acomodo. Ser fácil de conformar ou de pór contento.
-
Tan bo é o demo como a súa nai. Dise cando unha persoa ten uns hábitos de comportamento (especialmente de cáracter negativo) semellantes aos de seu pai.
-
Tan bo é Xan como o seu irmán/como Pericán/como Perillán. Iguala negativamente as dúas cousas ou persoas das que se está a falar.
-
Ter (bos) fígados (e pulmón). Ter valentía e decisión para afrontar calquera obstáculo que se lle presente.
-
Ter bo cácabo. Ser valente.
-
Ter bo dente. Ser bo comedor.
-
Ter boa argola. Ter poder ou influencia.
-
Ter boa cor. Estar saudable.
-
Ter boa lingua. Ser unha persoa moi faladora.
-
Ter boa man/moito brazo entre os comerciantes. Ter facilidade de trato para relacionarse cos demais.
-
Ter boa nai. Aplícase a unha árbore plantada en boas condicións para medrar.
-
Ter bos aceiros. Ter azos e forza para emprender calquera tarefa que se lle poña diante.
-
Ter bucho e bo ano. Ser bo comedor.
-
Ter un bo ferrete. Falar moito.
-
Ter unha boa labranza. Ter boa constitución.
-
Ter unha muller boas rodas. Estar gorda.
-
Terlle boa pía a alguén. Terlle afecto.
-
Tes boa perda! Non padecer mal ningún.
-
Todos son bos e a miña capa non aparece. Dise cando algunha persoa sofre un prexuízo de quen cría que tiña amizade.
-
Vaiche boa! Enúnciase cando xa é tarde para tentar remediar un asunto.
-
Vaiche boa. 1 Expresa que hai unha gran diferenza entre a realidade e o que se di.
-
Virse ás boas. 1 Chegar a un acordo ou entrar en razón.