Bo Aire, pazo do

Bo Aire, pazo do

Antigo pazo episcopal de Mondoñedo situado en Santo Andrés de Masma. As obras foron trazadas por frei Lourenzo de Santa Teresa. O edificio está situado de modo perpendicular ao camiño de acceso, nun recinto amurallado. De planta rectangular en forma de U, a fachada, coa colocación simétrica das ventás, seméllase ás construcións urbanas. Na parte posterior presenta unha terraza montada sobre unha tripla arcada que traslada a tripla bóveda de canón sobre a que se sitúa. Reformado na década dos anos 60, foi cedido en 1981 á organización El Patriarca para convertelo en centro de rehabilitación de toxicómanos e   para adaptarse ás novas funcións, experimentou unha nova remodelación. Sufriu un incendio en 1991.

Palabras veciñas

bo | Bo | bo -a | Bo Aire, pazo do | Bo azköy | Bo Evento | Bo Hai