Boas, Franz
Antropólogo e lingüista norteamericano de orixe alemana. Precursor da Antropoloxía moderna, estudiou os esquimós da Terra de Baffin e os indíxenas da Columbia Británica. Impartiu clases de Antropoloxía na Clark University e na Universidade de Columbia. Rexeitou as grandes escolas de pensamento da época: Evolucionismo e Difusionismo. Opoñéndose ás clasificacións tradicionais e arbitrarias da Antropoloxía, estableceu que os tipos pretendidamente raciais considerados inmutables, como o índice cefálico, sofren transformacións en función das formas de vida, demostrando deste xeito a imposibilidade de definir un tipo biolóxico ou racial mediante medias. Defendeu a necesidade de realizar investigacións partindo dunha base empírica e descritiva, e considerando cada caso dun modo particular. Desemboca así nunha crítica radical da noción de raza e da oposición entre primitivo e civilizado. No ano 1917 fundou o International Journal of American Linguistics. Entre outras obras súas cómpre subliñar Handbook of American Indian Languages (Manual de linguas dos indios americanos, 1911), The Mind of Primitive Man (O pensamento do home primitivo, 1911), Anthropology and Modern Life (Antropoloxía e vida moderna, 1928) e Race, Language and Culture (Raza, linguaxe e cultura, 1940).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Minden, Westfalia -
Deceso
Lugar : Nova York