Bobbio, mosteiro de

Bobbio, mosteiro de

Mosteiro situado no val de Trebbia, nos Apeninos, na Emilia-Romaña (Italia), que deu nome á cidade, formada ao seu redor, a 46 km de Piacenza (4.399 h [1980]). Foi fundado por san Columbano no ano 612. Foi un centro de intensa irradiación cultural a causa da actividade dos primeiros monxes, de orixe irlandesa. A biblioteca reuniu moitos códices, a miúdo con textos únicos, e algúns palimpsestos. Actualmente están dispersos por varias bibliotecas, sobre todo na biblioteca Vaticana, na Nazionale de Turín e na Ambrosiana de Milán. Gerbert, o futuro Papa Silvestre II, foi abade deste mosteiro. No 1014 Bobbio foi erixido bispado-condado unido á liga lombarda, oposta ao Emperador Federico I Barbarrubia. A cidade pasou despois aos Visconti de Milán (s XlV) e finalmente ao Reino de Sardeña, dos Savoia, no 1748. O mosteiro, moi decaído trala unión coa congregación cassinesa, foi pechado no ano 1795.

Palabras veciñas

Bobadilla, Juan de | bobal | bobanguí | Bobbio, mosteiro de | Bobbio, Norberto | Bober | Bobigny