Bobbio, Norberto

Bobbio, Norberto

Filósofo. Estudiou a Filosofía do Dereito como ciencia xurídica no ámbito da filosofía analítica e, posteriormente, na liña dun neopositivismo xurídico. Foi director, xunto con Abbagnano, da Rivista di Filosofia. En 1984 foi nomeado senador vitalicio. O seu pensamento reflicte un enorme interese pola defensa dos dereitos humanos, clave, segundo el, para a diferenciación entre a dereita e a esquerda. Trala crise do Comunismo, manifestou a súa identificación co Socialismo, tendencia política que el sinala como defensora da tolerancia e dos devanditos dereitos humanos. Escribiu ensaios de teoría política como Politica e cultura (Política e cultura, 1955), Da Hobbes a Marx (De Hobbes a Marx, 1965), Quale socialismo? (Qué socialismo?, 1976), Il futuro della democrazia (O futuro da democracia, 1984), Etica e politica (Ética e política, 1984), O tempo dos dereitos (1991), Igualdade e liberdade (1993), As claves do debate: de dereita a esquerda (1995), De senectute (Sobre a senectude, 1996) e Dereita e esquerda (1998).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Turín