bobinador -ra
(< bobinar)
-
adx
Que bobina ou serve para bobinar.
Ex: Na Semana Verde de Silleda había varias máquinas bobinadoras.
-
s
[TECNOL]
Persoa que bobina ou que emprega unha bobinadora.
Ex: Na actualidade é moi difícil topar bobinadores con experiencia.
-
s
f
[TECNOL]
Máquina que serve para bobinar.
-
s
f
[TÉXT]
Máquina empregada para facer bobinas co fío procedente, ben doutras formas de enrolamento, como madeixas, coroas, espirais, ben de bobinas de medidas ou de formas diferentes. As bobinadoras poden formar a bobina por enrolamento do fío sobre unha alma pousada nun fuso ou nunha púa, ou por contacto tanxencial cun tambor ou cilindro, que ten na superficie unhas rañuras en espiral dispostas nos dous sentidos e que guían o fío. Montadas en bancadas comúns, van provistas dun fío axeitado ao tipo de alimentación, dun tensor de fío, dun compensador elástico de tensión e dun mecanismo que detén o fío no caso de atrancarse.