bobina
(
-
s
f
Cilindro, de diferentes materiais, que pode levar enrolado un cable, unha fita ou calquera outro tipo de fío semellante.
Ex: Enrodelei todo o cable de cobre que atopei nunha bobina.
-
s
f
Conxunto de espirais de fío (de coser, eléctrico), de corda, de cinta (tea, papel, celuloide), etc, xeralmente dispostas ao redor dun cilindro adoptando diversas formas, normalmente cilíndricas ou troncocónicas.
Ex: Pásame unha bobina de fío negro que teño para cambiar a que se acabou na máquina de coser.
Confrontacións: carrete. -
s
f
[FÍS]
Dispositivo formado por un condutor eléctrico illado e enrolado; forma un certo número de espirais dispostas en diversas capas e destinado a crear un campo magnético ao pasar por el unha corrente eléctrica. A miúdo vai disposta sobre un núcleo de ferro, e pode formar con outras un circuíto. Hai bobinas toroidais, romboidais, planas e de disco, entre outras. Ademais, poden ser indutoras, inducidas, primarias ou secundarias. Emprégase como bobina de reactancia en filtros eléctricos, circuítos sintonizados e liñas de distribución, ademais doutros usos.
-
s
f
[FÍS]
Termo aplicado a diversos aparatos constituídos por dúas bobinas encaixadas.
-
s
f
[IMAX]
Rolo de película liado a un aparato composto por un cilindro central e dous discos laterais. Se o celuloide que ten que transportar é virxe, as pezas laterais non poden ter abertura.
-
s
f
[IMAX]
Bombo ou rolete para conter unha bobina.
-
s
f
[IMAX]
Cinta de vídeo que contén os anuncios máis sobresaíntes realizados por unha axencia de publicidade e por unha produtora de cine publicitario. Tamén se chaman bobinas de presentación.
-
s
f
[IND]
Presentación industrial do papel, celofán, etc, en forma de banda continua, enrolada ao redor dunha barra cilíndrica.
-
s
f
[TÉXT]
Conxunto formado por unha alma de madeira, de cartón, de aceiro inoxidable, etc, co fío enrolado ao redor dela, xeralmente en sentido cruzado, aptas para alimentar máquinas téxtiles de gran velocidade ou de consumo intermitente. Segundo sexa a súa forma exterior clasifícanse en bobinas cilíndricas e bobinas cónicas. As bobinas de pouca lonxitude e de gran diámetro chámanse bobinas planas. Un tipo especial, usado nas máquinas de xénero de punto e similares, é a bobina botella.
-
bobina de deflexión
[FÍS]
Bobina de indutancia xeradora do campo magnético que desvía o feixe de electróns nun tubo de imaxe de televisión.
-
bobina de indución/bobina de Ruhmkoff
[FÍS]
Transformador de tensión provisto dun circuíto magnético aberto e no que o circuíto primario, de moi poucas espirais respecto ao secundario, se alimenta con corrente continua interrompida periodicamente pola acción dun vibrador, ruptor ou dispositivo análogo. Ideada por Ruhmkorff no ano 1851, emprégase nos motores de acendido por chispa.
-
bobina de Petersen
[FÍS]
Bobina de reactancia, de valor axeitado á capacidade da liña, que se coloca entre o neutro do transformador e a terra, en circuítos trifásicos, para evitar os arcos causados por contactos intermitentes entre un condutor e a terra.
-
bobina de Pupin/bobina de carga
[FÍS]
Bobina que se intercala nas liñas telefónicas para aumentar a indutancia e compensar así a capacidade.
-
bobina de Tesla
[FÍS]
Transformador semellante a unha bobina de indución, ideado por Nikola Tesla no ano 1892, que produce correntes de alta frecuencia e de tensión elevada. Aliméntase polo primario con corrente alterna; no circuíto do secundario hai un condensador de sintonía e un par de bornes, onde se produce a descarga.
-
s
f
Termo da xerga das palilleiras que designa ‘o carrete de fío de algodón ou de liño’.