carrete

carrete

(< carro)

  1. s m
    1. Cilindro de madeira ou doutro material duro cun disco en cada extremo, xeralmente furado no eixe para poder encaixalo nalgún aparello, no que se enrola un fío, un cable, unha corda ou outro material flexible.

      Ex: Caeu un carrete dos postes de cables eléctricos que hai no monte.

      Confrontacións: bobina.
    2. Conxunto formado polo cilindro e o fío, cable, película, fita ou outro material enrolado nel.

      Ex: Tráeme da mercería dous carretes de fío branco.

      Confrontacións: bobina.
    3. [IMAX]

      Rolo de película fotográfica que vai introducido nun pequeno estoxo cilíndrico para que non lle afecte a luz exterior, provisto dun eixe que permite que a película do interior vaia desenrolándose.

      Ex: Por revelar un carrete de fotos regálanche outro novo.

  2. s m [PESCA]

    Instrumento, colocado na cana de pescar, provisto dun mecanismo que consiste nunha manivela coa que se fai xirar a bobina na que está debandada a sedela.

Palabras veciñas

carretada | carretada | carretar | carrete | carreteiro -ra | carreteiro -ra | carretel