carreteiro -ra

carreteiro -ra

(< carreta)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao carro ou á carreta.

  2. adx

    Aplícase ao carro que está nivelado.

  3. s

    Persoa que conduce carros ou carretas. Na tradición oral recóllense ditos coma: “O mal carreteiro para de noite no sendeiro”.

  4. s m

    Cesto fondo, sen asa, que serve para transportar a uva na vendima.

Frases feitas

  • Como un carreteiro. De forma esaxerada ou vasta. Ex: Fuma coma un carreteiro e vaise poñer enfermo. Xura coma un carreteiro.