carreteiro -ra
carreteiro -ra
(< carreta)
-
adx
Relativo ou pertencente ao carro ou á carreta.
-
adx
Aplícase ao carro que está nivelado.
-
s
Persoa que conduce carros ou carretas. Na tradición oral recóllense ditos coma: “O mal carreteiro para de noite no sendeiro”.
-
s
m
Cesto fondo, sen asa, que serve para transportar a uva na vendima.
-
Cilindro máis pequeno de madeira onde se enrola a corredeira.
Confrontacións
bobina, carreteFrases feitas
-
Como un carreteiro. De forma esaxerada ou vasta. Ex: Fuma coma un carreteiro e vaise poñer enfermo. Xura coma un carreteiro.
Refráns
- A ganancia do carreteiro, entra pola porta e sae polo fumeiro.
- Carreteiro que non unta o carro non sae do camiño.