Bóbr

Bóbr

Río de Polonia occidental, na rexión de Silesia, afluente pola esquerda do Oder (268 km de lonxitude; 5.938 km2 de cunca). Nace nos montes Krkonoše, pasa por Jelenia, Gora e Boleslawiec, augas abaixo de Malomice atópase co río Kwisa e desauga no Oder preto de Krosno Osrzańskie.