bobsleigh*
bobsleigh*
s
m
[DEP]
Deporte olímpico de inverno consistente en tripular unha zorra articulada que esvara por unha superficie de xeo semicilíndrica e inclinada. O enxeño -bipraza ou de catro prazas- de estrutura metálica e cunha carena aerodinámica, descansa sobre catro patíns de aceiro, e pode acadar velocidades que chegan ata os 150 km/h. A pista ou canle de xeo admite unha soa zorra e ten uns 1.500-1.800 m de lonxitude, cun desnivel do 8-15%. A regulamentación das competicións prohibe o uso de calquera medio mecánico de propulsión. No ano 1898 celebrouse a primeira competición organizada. Posteriormente, o bobsleigh foi admitido como deporte olímpico (Xogos Olímpicos de Inverno de Chamonix, 1924).