Bocage, Manuel Maria Barbosa du
Poeta. Aos 14 anos enrolouse no rexemento de Infantería en Setúbal e logo entrou na Académia Real da Marinha. Posteriormente embarcou con rumbo á India (1786) e, despois dunha estadía no Brasil, retornou a Lisboa en 1789. Irreverente coa monarquía e a relixión, foi perseguido pola Inquisición debido á vida bohemia que levaba e ás sátiras que escribía e recitaba, o que provocou o seu encarceramento no Limoeiro en 1797 e o posterior enclaustramento no mosteiro de São Bento e no Oratorio, para logo ser posto en liberdade en 1798. Grande ilustrado e poeta prerromántico, a obsesión pola morte e os clamores retóricos de celos e blasfemia, de actitude claramente prerromántica, engadiron un lánguido erotismo e un concepto da divindade que pertencen de cheo á tradición do s XVIII. Escribiu odas, cantatas, epigramas e sobre todo sonetos, reunidos en tres volumes de Rimas (1791, 1799 e 1804).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Setúbal -
Deceso
Lugar : Lisboa